A Fundación pública para o Desenvolvemento da Comarca de Santiago foi constituida en xullo de 2001 como unha entidade promovida polo Plan de Desenvolvemento Comarcal da Xunta de Galicia co obxectivo fundamental da dinamización dos recursos da comarca Santiago.
Está rexida polo seu Padroado, integrado polo seu Presidente, o Director Xeral de Desenvolvemento Rural e os cargos de vicepresidente e vocais que están desempeñados polos alcaldes dos concellos de Ames, Brión, Boqueixón, Santiago de Compostela, Teo, Vedra e Val do Dubra, un representante da Deputación Provincial de A Coruña e o Xefe do Departamento Territorial Da Coruña da Consellería do Medio Rural. Deste órgano de goberno e representación depende xerarquicamente o xerente que ten encomendada a xestión da fundación.
A actividade da fundación dende a súa constitución ata a actualidade estivo centrada en dar cumprimento ao programa de actuación establecido polo seu padroado a través de programas e proxectos nos eidos do desenvolvemento económico e social da Comarca de Santiago. En concreto, na súa liña de actividade de presentación e xestión de proxectos comunitarios para os Concellos da Comarca de Santiago, veu participando como socio e xefe fila en diversos proxectos comunitarios que supuxeron un investimento de máis de 13 millóns de euros na comarca.
A Fundación Comarcal Santiago continua nesta liña de presentación e xestión de novas candidaturas de proxectos comunitarios no novo marco de financiamento comunitario do período 2007-2013, a través dos seguintes proxectos: